Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os adhesivos da ITV que decoran os farois

Os adhesivos da ITV que decoran os farois

A nova moda que xorde en Vilagarcía entre os condutores que pasan o control da Inspección Técnica de Vehículos
 

A primeira pegatina data do ano 2021
G24.gal 25/11/2025 14:50

Hai quen pendura cadeados dunha ponte como símbolo de amor eterno. Outros botan moedas a unha pía en busca de sorte e hai quen pega os adhesivos caducados da ITV nun farol, con non sabemos que propósito. O certo é que dende hai un tempo os farois que están xusto á saída da ITV de Vilagarcía no polígono de Trabanca-Badía locen este aspecto. 

 "Non sei cal é o motivo, pero si seguen aí, e cada vez vexo que a xente as coloca. Vou ter empezar a colocar as miñas tamén", comenta un usuario da ITV.

Pois así empezan as modas, uns e outros alimentando un ritual que para algúns pode ser unha manifestación popular de arte urbana e para outros unha trangallada.

"Non sei cal é a graza, nunca lle atopei a graza a iso", continúa.

"Para min é unha parvada, á parte dunha porcallada é unha perda de tempo, porque iso non se debe facer", opina unha muller.

E é que o chan está cheo de lixo pola falta de civismo dos condutores. E a xulgar pola data impresa nos adhesivos, esta moda vén xa de lonxe, a primeira púxose no 2021.

"Non sabiamos nin sequera que existía isto dos farois. Vímolo onte e hoxe decidimos pois tamén poñer o noso adhesivo, por primeira vez", recoñece unha señora.

E cal é o modus operandi:

"Pois nada sae da ITV e cando a leva aprobada, aparca aí para cambiar o adhesivo a pon no poste e coloca o vixente no seu parabrisas, simplemente", explica.

"Será unha moda máis coma a dos cadeadiños nas pontes non? O amor, pois aquí. a ITV do coche".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade