Publicador de contidos

Publicador de contidos

Corenta e cinco artistas participan no certame de pintura rápida de Lugo

Corenta e cinco artistas participan no certame de pintura rápida de Lugo

Durante todo o día os autores traballaron na súa obra pictórica, logo de escoller o seu recuncho favorito

O concurso, que se celebra desde hai 25 anos, reparte premios por valor de 5.100 euros

G24.gal 13/07/2025 20:49 Última actualización 13/07/2025 21:27

Logo de pintar durante todo o día as obras quedan expostas ao pé da casa consistorial de Lugo. A cidade enteira está retratada nos cadros pintados polos 45 artistas que participan no certame de pintura rápida ao aire libre. Manifesta o concelleiro de Infraestruturas que "é unha cidade preciosa para pintar"

Diego inspirouse na propia praza do Concello para a súa obra. Admite este artista asentado en Asturias que "este lugar é emblemático do ambiente de Lugo"

Hai quen prefire acubillarse para escapar do sol. Así o indica o pintor José Ángel Rivas, "aparquei tan ben que non me movo e quedo na sombra"

Complicado decidir o gañador. Un dos membros do xurado, Pablo Ferreiro, di que "son moitas obras e temos que pór toda a nosa concentración en valoralas o mellor posible".

É a 25 edición dun certame que nesta ocasión reparte máis de 5.000 euros en premios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade