Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un cento de debuxantes urbanos de Galicia retratan os detalles da catedral de Ourense

Un cento de debuxantes urbanos de Galicia retratan os detalles da catedral de Ourense

O colectivo DebuxandOu organizou o último dos encontros anuais dos debuxantes de rúa na cidade das Burgas

Cada debuxante achega a súa mirada e debuxa coa súa propia técnica, desde o bolígrafo, o lapis, o rotulador ou a acuarela. 

G24.gal 27/09/2025 21:47 Última actualización 27/09/2025 22:49

Un cento de debuxantes de rúa de toda Galicia dedicaron a xornada deste sábado a debuxar a catedral de Ourense por dentro e por fóra. O encontro está organizado pola comunidade global Urban Sketchers, que comparten a súa paixón pola pintura feita in situ.

Desde fóra e desde dentro os debuxantes urbanos de toda Galicia retratan a catedral de San Martiño de Ourense. Cada debuxante achega a súa mirada e debuxa coa súa propia técnica, desde o bolígrafo, o lapis, o rotulador ou a acuarela, detalles da catedral de Ourense, como o seu impoñente ciborio ou a policromía do pórtico do Paraíso. 

Despois de percorreren as rúas das cidades de Lugo, Vigo, A Coruña e Santiago, os debuxantes urbanos de Galicia rematan os seus encontros anuais en Ourense

E comparten a súa paixón por debuxar os lugares onde viven ou a onde viaxan e deixan voar a súa arte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade