Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cidade Infantil Príncipe Felipe: 50 anos sendo fogar para 3.655 nenos e mozos

Cidade Infantil Príncipe Felipe: 50 anos sendo fogar para 3.655 nenos e mozos

Alfonso Rueda di que é un "referente do sistema galego de protección á infancia"

O presidente galego criticou tamén a actitude do Goberno na repartición de menores migrantes ás comunidades autónomas, "sen planificación nin recursos para ser atendidos como merecen"

Alfonso Rueda, acompañado da conselleira Fabiola García, durante a visita deste mércores (EFE/ Salvador Sas)
G24.gal 16/09/2026 16:50

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda asistiu este mércores ao acto de 50 aniversario da Cidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra, unha institución de carácter educativo e social que concibida para acoller e formar nenos e mozos en situación de risco ou exclusión social.

Dependente da Deputación de Pontevedra, o complexo ten tres centros de protección á infancia, unha escola infantil, o CEIP Daría González García, o CEE Pontevedra e o CIFP Carlos Oroza e Montecelo. 

Abriu en xullo de 1976 como un gran centro para darlles educación e casa a rapaces en risco de exclusión social e chegou a ter case un milleiro de residentes. Agora buscan unha atención máis personalizada formando pequenas unidades de convivencia.

Durante o acto, Nel García, exresidente, explicou que entrou con 3 anos no centro no que pasou 16 anos da súa vida; e Maisa Kelly, tamén exresidente, contou que ingresou con 15 anos e alí aprendeu a ter horarios e normas. 

Alfonso Rueda dixo que a Cidade Infantil Príncipe Felipe é "un referente no sistema galego de protección á infancia” e comprometeu o apoio da Xunta a esta institución.

O presidente galego criticou tamén a actitude do Goberno na repartición de menores migrantes ás comunidades autónomas, "sen planificación nin recursos para ser atendidos como merecen", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade