Tinta Vella, un obradoiro de pintura en Vigo para darlle saída á creatividade
As persoas que queiran participar non necesitan experiencia previa
A filosofía do obradoiro é que fomentar a expresividade é máis importante que a habilidade técnica
Reyes e Karin son dous dos participantes nos obradoiros de Tinta Vella, un novo espazo artístico que acaba de abrir en Vigo.
Aquí buscan darlle saída á creatividade, máis alá da destreza técnica de cada quen.
"Fun a clases de pintura e chamábame a atención. Pásalo ben, charlas entre amigos", comenta Reyes Varela.
As persoas que queiran participar non necesitan experiencia previa. A pintura é libre, e o propio proceso de crear e de expresarse é máis importante que o resultado final.
"A verdade é que non pinto ben, é para desconectar e para pintar o que tes na mente", di Karin Yawar.
"Ao final é o máis bonito desta experiencia: ver xente que nunca colleu un pincel, que nunca pigmentou cores e que sae de aquí orgulloso de ver que conseguiu facer coas súas propias mans algo bonito", comenta o director do obradoiro, Alex Guillén.
No obradoiro achegan todo o material necesario; pinceis, pinturas, mandís e mesmo unha bebida. A creatividade xa é cousa de cada participante.