Morre aos 88 anos David Hockney, unha das grades figuras da arte contemporánea
O pintor británico, referente do pop art e autor dalgunhas das obras máis recoñecidas do século XX, faleceu na súa casa un mes antes de facer 89 anos
El pintor británico David Hockney (Stephen Simpson/Zuma Press/Europa Press)
O artista británico David Hockney faleceu aos 88 anos, segundo confirmou este venres a súa representante, Erica Bolton. Considerado unha das figuras máis influintes de arte contemporánea e un dos máximos expoñentes do pop art, Hockney traballou practimanete ata o final da súa vida.
Nado en Yorkshire (Inglaterra) en 1937, destacou pola súa visión colorista e optimista da arte e pola súa capacidade de explorar novas técnicas e soportes. Nas súas últimas obras chegou realizar obras integramente nun iPad, mantendo o seu interese pola innovación artística.
Ao longo de máis de sete décadas de carreira, Hockney converteuse nun dos artistas máis populares e recoñocidos do mundo. Algunhas das súas creacións bateron récords en poxas internacionais e forman parte das coleccións máis importante da arte cotemporánea.
A súa obra abordou temas moi diversos, desde paisaxes e bodegóns ata retratos de familiares e amizade, ademais de deseños escénicos para teatro e ópera. Foi tamén unha figura pioneira na representación aberta da homosexualidade nunha época na que seguía sendo ilegal no Reino Unido.