Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge, Javier e Joseba honran as súas mulleres falecidas para visibilizar o sarcoma

Jorge, Javier e Joseba honran as súas mulleres falecidas para visibilizar o sarcoma

Fixeron unha andaina cara ao Obradoiro, organizada pola fundación CRIS contra o cancro

Pódese colaborar economicamente na investigación do sarcoma en criscancer.org 

Conmemórase o día internacional contra o sarcoma co foco posto na investigación

G24.gal 13/07/2025 15:46 Última actualización 13/07/2025 17:14

Tres homes: Jorge, Javier e Joseba cóntannos a súa experiencia na loita das súas esposas contra o cancro. Eles participaron este domingo na andaina cara ao Obradoiro para renderlles unha homenaxe a elas, xa falecidas, e poñer no foco na importancia da investigación do sarcoma.

Esta andaina cara ao Obradoiro, organizada pola fundación CRIS contra o cancro, leva por nome "O Camiño de Raquel". Raquel Fernández faleceu hai un ano tras padecer un sarcoma con tan só 41 anos, deixando dous fillos pequenos. 

"Despois de dar a luz á miña muller en outubro detectóuselle un vulto no útero, pensaron que era un mioma pero resultou ser un sarcoma. A esperanza media de vida son cinco anos, derrúbase todo. Atopei o amor da miña vida. Temos que alegrarnos do que si puidemos vivir con ela, foron oito anos marabillosos", di Jorge Pascual.

Javier Silva uniuse á andaina. A súa muller, íntima amiga de Raquel, faleceu de cancro de mama con 39 anos. 

"Tocou vivilo, pero ela, a verdade, eu orgulloso, era unha heroína", di Javier.

O sarcoma é un tipo de cancro pouco frecuente. Un obxectivo fundamental é acadar fondos para a investigación.

"Aproximadamente ten un número de casos de 2.500 en España cada ano, representa menos dun un por cento do total dos tumores de cancro", destaca Ceres Fernández, investigadora.

Joseba Bastida tamén perdeu a súa muller tras loitar contra un sarcoma. Tiña 49 anos. Coñeceu a Raquel estando en tratamento e falecía tres semanas despois de Raquel.

"O proceso foi moi duro, moi duro, vai por ela porque era ela, porque era a muller da miña vida. O que ela quería é que ninguén volva pasar por isto, que se informe, que se divulgue, que todos os médicos saiban do que estamos a falar, que saiban informar, era o que quería Arantza, que en paz descanse", asevera Joseba.

Jorge, Javier e Joseba están unidos pola traxedia familiar e por seguir un mesmo obxectivo: renderlles unha homenaxe ás súas mulleres e darlle visibilidade a esa enfermidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade