Publicador de contidos

Publicador de contidos

Homenaxe da Pobra do Caramiñal aos policías que detiveron unha banda con 3,6 toneladas de cocaína

Homenaxe da Pobra do Caramiñal aos policías que detiveron unha banda con 3,6 toneladas de cocaína

“Nós, a Policía Local, temos unha cara moi visible, e polo tanto corremos o dobre de perigo persoal, porque somos coñecidos, os narcotraficantes da zona coñécennos”, conta un dos axentes

Imaxe do acto celebrado no Concello da Pobra do Caramiñal
G24.gal 15/10/2025 15:46

A aparición de fardos con cocaína na Pobra do Caramiñal marcou o inicio da última operación antidroga en Galicia. Nela foi fundamental a intervención da Policía Local deste concello. 

Por iso este mércores quixeron recoñecer o seu traballo entregándolles unha condecoración. Na operación, cunha redada desenvolvida conxuntamente coa Policía Nacional, desartellaron unha banda que pretendía introducir máis de 3.600 quilos de cocaína. A redada permitira deter 14 membros da banda, dos que 12 están xa en prisión.

“Nós, a Policía Local, temos unha cara moi visible, e polo tanto corremos o dobre de perigo persoal, porque somos coñecidos, os narcotraficantes da zona coñécennos”, conta Marcos Rodríguez, axente da Policía Local da Pobra do Caramiñal.

Os detidos están acusados de tráfico de drogas, organización criminal e branqueo de capitais.

“A satisfacción é dobre, porque, grazas a Deus, están todos en prisión, posiblemente sexan condenados. E sacar tanta cocaína da vía pública e que non a consuman os mozos e mozas é moi satisfactorio para nós”, explica Marcos Rodríguez.

Esta redada antidroga é a máis importante na que participou ata agora a Policía Local de Pobra do Caramiñal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade