Volve pechar o túnel do Hórreo, en Santiago, por falta de policías locais para garantir a seguridade
Volve pechar o túnel do Hórreo, en Santiago, por falta de policías locais para garantir a seguridade
A negativa dos axentes da Policía Local a facer horas extras ante a falta de persoal ata que o Concello de Santiago atenda as súas demandas propicia este peche
En Santiago, o túnel do Hórreo volve pechar esta noite por segunda vez en cinco días. O peche prolongarase desde as 22:45 ata as 7:15 da mañá.
A negativa dos axentes da Policía Local a facer horas extras ante a falta de persoal ata que o Concello de Santiago atenda as súas demandas propicia este peche, ao non haber ningún efectivo para vixiar o túnel desde a sala de pantallas da Policía Local. Este paso subterráneo é unha arteria esencial no tráfico da cidade.