A brasileira Isabela Rodrigues pecha a portería do Porriño
Chega ao equipo dirixido por Isma Martínez para suplir a baixa da arxentina Fátima Ayelén e compartirá posición con Ana Palomino

O Balonmán Porriño pecha a súa portería para a tempada 2025-26 coa fichaxe da porteira brasileira Isabela Rodrigues, quen asina por unha campaña coa entidade galega e procede do BM Morvedre.
A veterana gardameta paranaense, de 31 anos, chega ao equipo dirixido por Isma Martínez para suplir a baixa da arxentina Fátima Ayelén e compartirá posición con Ana Palomino.
“Estou moi contenta de formar parte do BM Porriño porque é un gran club e véxoo como unha gran oportunidade para min. Espero que poidamos competir con moita determinación e cumprir todos os obxectivos da tempada”, declarou Isabela Rodrigues.
🟢FICHAXE🟢
— Club Balonmán Porriño (@BmPorrino) July 13, 2025
A gardameta procedente do balonman Morvedre, Isabela Rodrígues, confía en nós para a vindeira tempada❗️
“Porque es un club grande y veo una gran oportunidad”
“Espero que podamos competir con mucha determinación y cumplir todos los objetivos de la temporada.” pic.twitter.com/hNcO1oqaWN