O Real Madrid derrota a Juventus (1-0) e xa pensa no Clásico
Terceira vitoria en tres xornadas de Champions League para o equipo de Xabi Alonso
Bellingham anotou o único tanto do partido aproveitando un rexeite do poste tras un remate de Vinicius

Nova vitoria do Real Madrid na Champions League. A terceira en tres xornadas para o equipo branco que derrotou por un tanto a cero ao equipo juventino. Un solitario gol de Bellingham, aproveitando o rexeite do poste a unha boa xogada de Vinicius, foi suficiente para que os brancos se fixesen cos tres puntos.
O gol foi a resposta á ocasión máis clara da Juventus no partido, unha contra de Vlahovic que salvou Thibaut Courtois. Despois do gol , o porteiro da Juventus Di Gregorio convertiriase nun muro infranqueable para os brancos que remataron sufrindo no treito final. Primeiro tras unha chegada de Openda, que tivo o empate no minuto 86, pero Asencio tirouse ao céspede para cortar o disparo na que foi a súa última acción sobre o terreo de xogo, xa que foi substituído con molestias musculares.
9 puntos para o Real Madrid na máxima competición continental. Agora, os brancos xa se centran no Clásico do fútbol español que disputarán o próximo domingo no Bernabeu ante o Fútbol Club Barcelona.