O Celta ten números de Champions como visitante
Ten 23 puntos a domicilio, un rexistro que só melloran o Real Madrid (27) e o F. C. Barcelona (25)
Nos 13 partidos que disputou lonxe de Balaídos, só perdeu fronte ao Elx e ante a Real Sociedade
Foto Celta
Co seu triunfo ante o Xirona (1-2) en Montilivi, o Celta xa suma 23 puntos a domicilio no que vai de curso ligueiro, un rexistro que só melloran o Real Madrid (27) e o F. C. Barcelona (25).
Nos 13 partidos que disputou lonxe de Balaídos, só perdeu fronte ao Elx e ante a Real Sociedade. Ata a data, non hai ningún equipo con menos derrotas que os celestes en LaLiga. Real Madrid e Betis tamén sufriron dúas; Barcelona e Atlético suman catro.
Ese espectacular rexistro está a permitirlle vivir unha das mellores actuacións en Primeira División tras 26 xornadas en canto a puntos sumados. Nestes momentos, os de Giráldez suman 40, quedándose a un dos que levaba o Celta nos cursos (1997-98, 2002-02 e 2015-16).
A mellor puntuación do equipo vigués a estas alturas do campionato asinouno no campionato 1998-99, con Víctor Fernández como adestrador, e no 2005-06, con Fernández Vázquez como técnico. En ambas as ocasións pechou a xornada 26 con 45 puntos, tres máis que os que asinou no curso 2001-02.