Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Porriño con oito caras novas comeza a pretemporada

Un Porriño con oito caras novas comeza a pretemporada

O club porriñés, que hoxe comeza a pretemporada no Municipal, contratou a pivote viguesa Prelchi, que se desvinculou do Elxe por motivos persoais hai unha semana

G24.gal 21/07/2025 12:19 Última actualización 21/07/2025 12:23

O Conservas Orbe Zendal Porriño vive hoxe o seu primeiro día de traballo do curso 2025/26. Por diante, seis semanas de pretemporada ata que a División de Honra comece a última fin de semana de agosto e logo nove meses de ardua competición para os que o equipo vermello debe prepararse o mellor posible nesta fase inicial da campaña.

E, a última hora, unha cara nova que en realidade é vella porque Carmen Prelchi volve á que foi a súa casa. Así é, a entidade louriñesa asinou á pivote viguesa, desvinculada do Elxe hai unha semana por motivos persoais que a obrigaban a regresar á súa cidade natal.

Nese escenario, o club que preside Abel Estévez moveuse para pechar a contratación dunha xogadora que no seu día foi clave no esquema de Isma Martínez e que volverá selo esta tempada se todo transcorre con normalidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade