O Porriño cae contra o Málaga na casa (17-23) e afástase dos primeiros postos
Foi un partido de moi baixa anotación, que chegou empatado a 8 ao descanso
Na segunda metade as andaluzas estiveron máis atinadas
Na cuarta xornada na Liga Guerreiras, perdeu o Conservas Orbe Zendal Porriño. A segunda derrota da temporada chegou na casa, ante o Málaga.
O equipo porriñés perdeu 17-23, logo dunha primeira metade igualada. Ó descanso chegábase cun empate a oito no marcador.
As diferenzas apareceron a partir do minuto 40. O equipo visitante púxose por diante ata chegar a unha vantaxe de seis goles a dez minutos do final, vantaxe que o Porriño xa non foi quen de contrarrestar.
Na derrota tivo especial importancia a falta de gol das locais. Encabezou a anotación Lucía Laguna con 6 tantos, e Adriana Mallo achegou 5. No resto do equipo ninguna xogadora marcou dous tantos. No Málaga a anotación comandouna Isabelle dos Santos con 6.