Cargando resultados...
O Cangas Volve perder pola mínima na pista do Nava (34-33)
Segunda derrota consecutiva do equipo galego na Asobal
Foto: Daniel Pérez
G24.gal
20/09/2025 13:52
Na Liga Asobal, segunda xornada e segunda derrota do Cangas Frigoríficos do Morrazo.
Os galegos caeron na cancha do Nava nun partido no que ían cinco abaixo a cinco minutos do final. Porén, a defensa adiantada soprendeu os locais e o Cangas igualou o choque no último minuto. Pero quedaba tempo para o gol de Javi Carrión, que puxo o definitivo 34-33.
Arnau Fernández, D'Antino, Javier García e Santi López, con catro tantos cada un, foron os máximos goleadores do Cangas, que segue sen puntuar esta temporada.