Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán supera ao Real Madrid na prórroga (83-78) e xogará a final do EncestaRías

O Breogán supera ao Real Madrid na prórroga (83-78) e xogará a final do EncestaRías

O rival dos lugueses na final de hoxe será o Valencia básquet, que eliminou ao Baskonia

G24.gal 20/09/2025 12:25

O Río Breogán superou o Real Madrid de Sergio Scariolo na semifinal do Encestarías. Foi nun partido no que os lugueses remontaron a vantaxe incial do conxunto branco. Chegaron a ir 19 puntos abaixo no terceiro cuarto pero apertaron en defensa para enganchar un parcial de 26-13 no último cuarto, forzar a prórroga e levar o partido no tempo extra: 83-78.

Aranitovic con 15 puntos, 5 rebotes e 20 de valoración foi o xogador máis destacado do partido. Esta noite, Breogán e Valencia Basket loitarán por levarse esta edición do torneo Encestarías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade