Cargando resultados...
O Breogán recibe no Pazo a un Barça que acumula tres derrotas seguidas
Volve a Liga ACB dúas semanas despois
G24.gal
07/03/2026 12:03
Dúas semanas sen competir, entre copa e compromisos internacionais. Moitas incógnitas para todos e loxicamente para este Rio Breogán.
E o rival é un Barcelona que semellou perder o empuxe tras a chegada de Xavi Pascual. Dúas derrotas seguidas na Euroliga amais da eliminación en semifinais da Copa. Quen sabe se é bo momento ou non. O que si se sabe é a receita para ter opcións.
Un Breogán - Barcelona con moita historia, xa desde hai décadas, de cando o potencial dos dous equipos era moito máis desigual O precedente máis inmediato, o da temporada pasada, ofreceu un triunfo lucense.