Publicador de contidos

Publicador de contidos

Basquet Coruña faise co derbi ante o COB e segue con paso firme cara á ACB (59-74)

Basquet Coruña faise co derbi ante o COB e segue con paso firme cara á ACB (59-74)

Os de Carles Marco levaron a iniciativa do marcador todo o partido e non tremeron cando os ourensáns achegáronse no marcador

Joe Cremo foi o máximo anotador dos laranxas con 15 puntos. Martín Fernández con 11 destacou no COB

@basquetcoruna @basquetcoruna
G24.gal 11/03/2026 22:36

Basquet Coruña segue coa súa traxectoria case que impoluta pola Primeira Federación de Baloncesto e fíxose co derbi galego tras derrotar no Paco Paz ao COB Ourense, 59-74. Nunha pista onde perderon rivais directos dos herculinos coma Obradoiro ou Estudiantes os de Carles Marco sacaron de novo unha boa versión para acadar a súa vitoria número 22 da campaña.

Desde o inico saiu forte o equipo laranxa que abriu oco no amracdor nos últimos minutos do primeiro cuarto, estirando a diferenza a oito puntos (10-18) tras unha gran canastra de Radoncic. Pero no segundo cuarto saiu máis enchufado o equipo ourensán que tars dous tiros libres de Martín Fernández colocouse por diante, 30-29. Foi a última vantaxe que gozou no partido o COB . Un 2+1 de Cremo e unha tripla de Jorgensen deixaban a renda  ao descanso en catro puntos (33-37).

O estirón definitivo chegaría no terceiro cuarto. Os laranxas subiron a intensidade defensiva, o que sumado ao acerto exterior , colocou unha máxima renda de 14 puntos (42-56). Pero os de Moncho López non tiraron a toalla e con dúas grandes accións de Isaac Vázquez achegaban aos locais a oito puntos ao remate do terceiro período (48-56). No último cuarto os de Moncho López non estiveron atinados cara ao aro, errando canastas fáciles que propiciaban rápidas respostas dos laranxas que deixarían o partido finiquitado baixo a maxistral dirección do base Didac Cuevas para rematar gañando por 59-74.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar