O Arenteiro empata co Real Madrid Castela (2-2) na estrea de Juanfran
O cadro galego acaba cunha serie de tres derrotas, pero segue nunha situación crítica
A estrea de Juanfran no banco do Arenteiro saldouse cun empate ante o Castela no Espiñedo. No minuto 15 Mario Rivas facía o 0-1. Centro de Diego Aguado e cacholada de Rivas.
Tardou 20 minutos en igualar o equipo do Carballiño, gol de Mingo tras o centro de Diego Moreno.
No segundo tempo Diego Moreno acadou o 2-1 nesta acción, neste saque de falta que non toca ninguén e acaba entrando na porta branca. Minuto 66 e no 85 empatou o filial. Centro de Ciria e remate de Roberto Martín entrando dende atrás.
O colexiado detivo o partido antes do final por unha agresión ao asistente. Logo duns minutos co xogo parado, reanudouse sen máis incidencias no marcador. O Arenteiro segue en descenso con 25 puntos.