Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta xuvenil cae ante o Betis tras desaproveitar dous goles a favor (2-3)

O Celta xuvenil cae ante o Betis tras desaproveitar dous goles a favor (2-3)

Os vigueses gañaban 2-0 no minuto 20 pero remataron cedendo ante o equipo andaluz encaixando o terceiro gol no minuto 89

Deportivo ou Barcelona buscarán o xoves o pase á final da Copa do Rei para enfrontarse ó equipo sevillano

@canteiraceleste @canteiraceleste
G24.gal 11/03/2026 20:46

O Celta quedou ás portas da gran final da Copa do Rei xuvenil tras caer por 2-3 ante o Betis, nun partido tolo , que chegou a dominar 2-0, e no que na segunda metade desaproveitaron claras ocasións para certificar o pase á gran final para rematar perdendo tras encaixar o gol definitivo no minuto 89.

O partido comezou de forma inmellorable para os celestes que cedo puxéronse en vantaxe no marcador grazas a un gol en propia porta de Curro Macías. Pouco despois o keniano Aldrine Kibet anotaba o segundo tras un bo roubo en zona ofensiva que culminaba cun remate cruzado ao fondo da rede. No treito final da primeira metade mellorou o rendemento dos andaluces que reducirían a distancia no marcador na última xogada da primeira parte grazas a un disparo coa perna esquerda de Morante.

Na segunda metade o Betis dominaba e o Celta contragolpeaba. Kibet e Jorge Pérez estragaron boas oportunidades. Quen non perdoaría sería o verdibranco Rubén que aproveitaría un pase atrás para igualar o partido. Pese encaixar o empate os vigueses foron a polo vitoria e Pedro García, no minuto 86, rematou de vaselina un balón que petou no pau traveseiro da portería andaluza. Tres minutos despois chegaría o tanto definitivo, obra de Fierro ao aproveitar un balón solto na área. Na prolongación puido empatar de novo o equipo de Alberto Suárez pero o disparo de falta de Sálamo foi ao lateral da rede da portería bética.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade