Jonathan Giráldez : "Seguro que cando remate o partido, plenamente contento non vou estar"
O adestrador vigués do Olympique Lyonnais feminino antendeu a Crónica deportiva da Radio Galega na véspera do partido de ida dos oitavos de final da Europa League
Non ve favorito claro e destacou a importancia das baixas que sofre o conxunto francés
O técnico vigués analizou a eliminatoria de oitavois de final da Europa League que enfrontará a partir de mañá o real Club Celta e o Olympique de Lión:
"Vivireino con moita emoción. O Celta é o club da miña vida e o OL o club onde estou traballando, e é importante para nós que acaden bos resultados. Non podo dicir un equipo. O Celta é o club da miña cidade, do meu corazón, polo que sinto desde pequeno. Profesionalmente estou traballando no OL. É importante que gañe partidos e que chegue lonxe na Europa League. Seguro que cando remate o partido, plenamente contento non vou estar. É imposible".
"Favorito? Teño as miñas dúbidas. Sobre o papel o OL, pero é certo que nas últimas semanas tiveron moitas lesións e os resultados non acompañan. O Celta está nunha dinámica moi positiva, moi favorable. Unha eliminatoria moi equilibrada, e non me decantaría por ningún favorito. O OL por nome, historia... pero por estado de forma teño as miñas dúbidas".