Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta entrega 51 distincións ao mérito deportivo correspondentes a 2025

A Xunta entrega 51 distincións ao mérito deportivo correspondentes a 2025

As Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia creáronse en 2010 e son concedidas anualmente polo presidente da Xunta de Galicia en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia

G24.gal 29/04/2026 15:51 Última actualización 29/04/2026 15:57

​​​​​​O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación das persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos recoñecidos polo Goberno galego polo seu labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo autonómico

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación das 51 persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos merecentes das distincións ao mérito deportivo de Galicia correspondentes a 2025, outorgadas pola Xunta. A entrega será hoxe mércores, 29 de abril, nun acto que se celebrará no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña.

Os premiados son os seguintes:

Premiados da provincia da Coruña

Jesús ‘Chuco’ Barreiro Botana e María Jesusa ‘Maruja’ Barral Quintás, Vicente Carril Lema, Juan Carlos Corredoira Rodríguez, Carlos Devesa Santalla, Julio Antonio Flores Pérez, Ceferino Fonticoba Sueiras ‘Fino’ (título póstumo), Eduardo Lamas Sánchez, Emilio Navaza González (título póstumo), Juan Ángel Probaos Barral, Juan Antonio Varela Torrente, Ramón Vázquez Mayo, Juan Luis Villamisar Méndez (título póstumo), Luis Francisco Villasenín Liñares, Ramón Viña Varela e Real Club Náutico da Coruña.

Premiados da provincia de Lugo

Sara Álvarez Folgueira, Alejo Crespo Díaz (título póstumo), Andrea Díaz Moirón, Mirta Escuredo Díez, Javier Martínez Villanueva, Yoraxi de los Ángeles Meleán Álvarez, Juan Rodríguez Doce, Claudia Paola Rodríguez Teijeiro, Enrique Rozas López, Julio Sobrado Carreiras e Carlos Veiga García.

Premiados da provincia de Ourense

Beatriz Hermenegilda Alberte Castiñeiras, Manuel Blanco Guerra, Antonio Dacosta Iglesias, Aniceto ‘Tito’ Fernández Fernández’, Modesto López Nóvoa, María del Carmen ‘Pipi’ Pérez Conde, César Pérez Padrón, Gumersindo Manuel Rodríguez Bernardo, José Ruiz López ‘Jorulo’ (título póstumo) e Pilar Vázquez Cobelas,

Premiados da provincia de Pontevedra

Ana Abuín Pazos, Francisco Doblas Bermejo, Santiago Xosé Domínguez Olveira, José Ramón Lete Lasa, José Luis Macey Portela (título póstumo), Isidro Otero García, José Pereira Domínguez, Manuel Piñeiro Froján, Manuel Piñón Cordo, Marta Patricia Souto González (título póstumo) María Jesús ‘Chus’ Torres Fondevila, Céltiga Fútbol Club, Club Deportivo Estradense, Gran Peña FC e Tyde FC.

Máis de medio milleiro de recoñecidos

As Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia creáronse en 2010 e son concedidas anualmente polo presidente da Xunta de Galicia logo de proposta motivada do xurado cualificador, en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos que estean contribuíndo ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da comunidade autónoma de Galicia. As persoas e entidades recoñecidas xa suman máis de 600.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade