Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán apaña unha dura derrota diante dun Barça ferido (78-109)

O Breogán apaña unha dura derrota diante dun Barça ferido (78-109)

Os cataláns acadaron vantaxes de ata 40 puntos, aínda que os lugueses maquillaron o resultado no último cuarto

Foto: EFE
G24.gal 08/03/2026 14:18

Retomouse a liga ACB logo de dúas semanas sen competición, e semella que o Río Breogán acusou esa inactividade. Esta mañá, fronte ao Barcelona, fixo probablemente o peor partido da temporada.

E é que practicamente non houbo partido. Un mate de Cook, aos cinco minutos, mantiña o Breo dous puntos abaixo. Daquela, un parcial de 2-13 para o Barça abriu un oco que aumentou ata diferenzas superiores aos 40 puntos. Os de Xavi Pascual chegaban logo de tres derrotas seguidas e non deron opción en Lugo. Mal partido do Breogán, tanto en defensa como en ataque. Os 36 puntos anotados no último cuarto maquillaron o marcador.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade