Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra leva o derbi do Couto (1-2) desde o punto de penalti

O Pontevedra leva o derbi do Couto (1-2) desde o punto de penalti

Os goles de Alain e Brais desde os 11 metros na primeira parte resultaron decisivos

No treito final descontou Kensly, pero non evita que o Ourense CF siga de cabeiro

Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal 27/09/2025 21:57

Non chega o primeiro triunfo do Ourense e suma tres puntos o Pontevedra no Couto.

Aínda que a primeira oportunidade clara de gol foi para os locais, pelota en longo desde o lado esquerdo da defensa ourensá, balón que chega a Omar, logo dunha posible falta, e tras a revisión do colexiado Holgueras Castellanos o tanto queda sen valor por fóra de xogo.

Foi no minuto 19 do primeiro acto cando o capitán do Ourense Fran Carmona chega tarde ao salto con Brais Abelenda e o árbitro indica penalti.

Lanza Alain Ribeiro, non engana a Álvaro, pero o porteiro non pode deter o seu tiro, potente e colocado. 0-1.

Jerín, logo de revisarse unha man fóra da área puido empatar, pero o seu tiro marchou moi desviado...

Houbo tantas revisións nesta primeira metade que se prolongou o derbi 12 minutos e nese tempo foi cando nun centro desde a dereita de Brais Abelenda chega o penalti de Enol Coto e a súa expulsión por agarrón a Resende. Lanza aghora Abelenda e marca o dous a cero no minuto 50.

O Ourense tería que xogar toda a segunda metade con 10 futbolistas e malia que ofreceu unha mellor versión neste segundo tempo o gol non chegaría ata o minuto 85 nunha gran xogada de Camus con dobre caneo, remate inicial de  Guerrero, parada de Marqueta e gol finalmente de Kensly Vázquez. Segundo triunfo do Pontevedra ante un Ourense que queda como cabeiro con dous puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar