O Celta Fortuna empata no Toralín (0-0) e decidirá o ascenso en Balaídos
O filial ascenderá ao fútbol profesional se gaña na volta ou empata tras prórroga
Foto: @SDP_1922
O Celta Fortuna logrou un valioso empate en Ponferrada. Cero a cero e todo pendente para a volta en Vigo.
Con ambiente de gala no Toralín, o partido respondeu ao agardado. Nun primeiro tempo cheo de tensión e baleiro de fútbol, só houbo unha ocasión clara. A que tivo Borja Valle a centro de Calderón para os locais no minuto 32. Con todo a favor, o capitán do conxunto berciano non aproveitou o excelente servizo do seu compañeiro. Nesa acción atoparon espazos os de Nafti. Polo demáis, os vigueses estiveron seguros en defensa, aínda que lles custou elaborar en ataque. Só un disparo de Hugo González inquedou lixeramente ao gardameta Andrés Prieto. E aí quedou todo no primero acto.
Tralo lecer, máis do mesmo. Precaucións e confianza nalgunha acción illada. Así chegou a oportunidade para a Ponferradina. Nun saque de banda. O remate de Koke non atopou portería. Tampouco o de Álvaro Marín tras un córner para o Celta Fortuna.
Fredi foi facendo trocos, coa entrada de homes como Somuah ou Ángel Arcos, importantes na eliminatoria ante o Europa. Pero os locais intuíron o perigo e defenderon moi atrás na recta final. Non concederon ocasións e confíaron no balón parado. E Borja Valle estivo preto de marcar no minuto 93. Co seu cabezazo obrigou a unha boa intervención a Coke Carrillo. Foi a última dun partido espeso e que deixa todo por decidir para a volta en Balaídos. Cun empate tras prórroga, o Celta Fortuna ascenderá ao fútbol profesional.