Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna derrota ao Arenteiro en Barreiro (2-1) e aséntase en postos de play off

O Celta Fortuna derrota ao Arenteiro en Barreiro (2-1) e aséntase en postos de play off

Os vigueses suman a terceira vitoria seguida

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 27/09/2025 22:06

Paraugas e manta na bancada visitante para o primeiro derbi da temporada en Barreiro, ao que chegaron o Celta Fortuna e o Arenteiro empatados a puntos. Un partido que alimentou a confianza dos de Jesús Arribas, pola cantidade de ocasións que conseguiron crear. A presión alta que exerceron incomodou os vigueses a primeira media hora. Pero despois o Celta Fortuna aprendeu a liberarse e nunha acción a balón parado adiantouse. Marcou Álvaro Marín de cabeza. Valeuse do saque de córner que botou Hugo González e tocou Hugo Burcio.
Primeiro gol do dianteiro navarro chegado do Amorebieta.

Buscou o empate o Arenteiro con empeño. Pero fallou a definición ofensiva. Ata que se produciu unha acción revisada para que o árbitro decretara penalti de Pablo Meixús a Jordan Sánchez. Así empatou Víctor Mingo. Bateu a Coke Carrillo no seu cuarto gol esta temporada. 

Isto acontecía no minuto 70, e só 3 máis durou o punto no peto do Arenteiro. Rachou as costuras Joel López, cun disparo que lle deu a vitoria definitivamente ao Celta Fortuna. Pouco que alegar, semellaba dicir Diego García. O equipo de Fredi Alvarez conseguiu así a súa terceira vitoria seguida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar