Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés empata co Bera Bera e mantén o ritmo na cabeza da táboa

O Mecalia Guardés empata co Bera Bera e mantén o ritmo na cabeza da táboa

Nun enfrontamento entre equipos que contaban os partidos por vitorias, as galegas igualaron no seu último ataque na Sangriña

Na última acción, defenderon con éxito para seguir no coliderado da Liga

Foto: @IberdrolaDHF
G24.gal 27/09/2025 12:33

O Mecalia Atlético Guardés sacou un empate do gran partido da xornada, que medía na Sangriña ao outro equipo que, ata a xornada 3, contaba os partidos por vitorias: O Bera Bera.

O encontro comezou con dominio das locais no marcador, con vantaxes de varios goles nos primeiros minutos. Aos poucos, Bera Bera foi rezccionando e, ao descanso, mandaba o encontro cun empate a 12.

Na segunda metade as vantaxes mínimas foron para as vascas, pero o Mecalia Guardés chegou ao momento decisivo, nos últimos minutos, coa igualada. 

Laura Hernández puxo o 24-25 a prol das visitantes, o seu cuarto tanto no encontro, so por detrás de Karsten (5), forzando a Ana Seabra a pedir tempo morto. No último ataque galego empatou Cecilia Cacheda, que rematou con 4 goles, por detrás de Lorena Téllez e Elena Martínez, con cadanseus 5. Cacheda empatou. O Bera Bera tivo unha falta co tempo cumplido, pero defenderon ben as xogadoras guardesas. 

Os dous equipos quedan agora no máis alto da táboa con 7 puntos. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade