Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing non pode co muro alcarreño

O Rácing non pode co muro alcarreño

Os departamentais merecen máis ante o equipo revelación da categoría

Primeiro partido no que os de Pablo López non son quen de gañar na Malata

G24.gal 26/09/2025 23:10

Rácing Club de Ferrol e Guadalaxara empataron sen goles na Malata nun partido onde o marcador non fixo xustiza ao visto sobre o terreo de xogo. Os verdes mereceron máis, con múltiples chegadas durante todo o partido, e os de Guadalaxara contraatacaron con perigo gozando de claras ocasións para bater a meta defendida por  Miquel Parera. Ao final, repartimento de puntos que deixa mellor sabor de boca ao cadro visitante.

Pablo López realizou os trocos obrigados polas ausencias por sanción de Leal e Noriega ,  substituídos no equipo titular por Mardones e Dacosta. Ambos foron dos máis destacados na faceta ofensiva dos departamentais levando moito perigo nas súas incursións pola banda dereita. Cando mellor estaba o Rácing chegou a mellor ocasión dos visitantes nun man a man de Pablo Muñoz que o ex do Deportivo da Coruña non soubo finalizar.

Punto que non serve ao Racing para meterlle presión ao líder, o Tenerife, que conta os seus partidos por vitoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade