Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alicia Fernández carga pilas en Valdoviño antes de comezar unha nova etapa en Polonia

Alicia Fernández carga pilas en Valdoviño antes de comezar unha nova etapa en Polonia

Alicia Fernández, xogadora galega internacional de balonmán, cambia a vindeira temporada a liga de Romanía pola de Polonia

Ante esta nova etapa, conversamos con ela na casa, na calma que lle achega o mar en Valdoviño

G24.gal 29/06/2025 14:57

Valdoviño foi o seu refuxio cando tivo que recuperarse de lesións. E aquí regresa para preparar agora novos retos. A praia da Frouxeira é o lugar seguro para Alicia Fernández: "Sempre que podo atopo tempo para vir. É a miña calma"

A lenda da súa camiseta anima a sumar vivencias. As súas por exemplo con aquel equipo que a enganchou ao balonmán en Narón. Ou a decisión de marchar moi nova a Valencia: "Véxoo agora dende lonxe e penso que onde ía eu con 15 anos, pero esa experiencia foi o mellor que me podía pasar"

Tamén a de marchar a Romanía, unha das ligas máis potentes do mundo, na que o gañou todo. Ía por dous anos e botou oito. Etapa pechada. Porque nuns días múdase á emerxente liga polaca. Primeiro reto: aprender o nome do seu novo club: "Liga polaca está medrando. A ambición siempre está aí, eu quero gañar titulos"

Tamén con España. Peza chave no ataque das Guerreiras, Alicia leva marcados máis de 200 goles nos seus 106 partidos como internacional. Subcampioa do Mundo en Xapón. Con 32 anos agarda ser chamada para o Mundial que comezará en novembro: "Estou nun momento de madurez. Espero disfrutar os anos que me quedan xogando. Deixareino cando o meu corpo non poda máis ou cando eu deixe de disfrutalo" 

De Valdoviño a Polonia, co balonmán como faro e como meta: gozar do camiño.
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade