Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mecalia Guardés remonta na Sangriña (24-18) contra o Valladolid e estará nas semifinais da Liga

O Mecalia Guardés remonta na Sangriña (24-18) contra o Valladolid e estará nas semifinais da Liga

As galegas, campioas da liga regular, perderan por 34-28 na ida, polo que se clasifican polo maior número de goles fóra

Rematado o partido houbo momentos de incerteza na Sangriña, ata que se confirmou o pase

G24.gal 10/05/2025 21:34

Na volta dos cuartos de final da loita polo título de liga, o Mecalia Atlético Guardés superou a eliminatoria ante o Valladolid na Sangriña. As galegas partían neste encontro de volta coa desvantaxe de seis goles encaixados nun sorprendente partido de ida en terras pucelanas. Pero a remonta coceuse lentamente. Ao descanso gañaban as galegas 11-9.

Unha gran segunda parte permitiulles coller 8 goles de vantaxe, tiñan que remontar seis da ida. Nos últimos tres minutos, as pucelanas meteron dous goles. A eliminatoria semellaba empatada, algunha xogadora non tiña moi claro que ía pasar. Ata que o Guardés comezou a celebrar. Estarán nas semifinais por ter marcado máis goles en campo contrario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade