Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas cae no Gatañal nun final cruel contra o Valladolid (29-30)

O Cangas cae no Gatañal nun final cruel contra o Valladolid (29-30)

Os de Quique DOmínguez remontaron unha desvantaxe de ata 5 goles, pero cederon ao final

G24.gal 16/11/2025 12:56

Na Asobal, derrota do Cangas Frigoríficos do Morrazo, a sexta da temporada. Foi un partido igualado e intenso ante o Valladolid, que os galegos comezaron dominando no marcador ata o 6-5. Despois, os pucelanos colleron a iniciativa e xa non volveron ir por detrás. Malia a isto, o Cangas mantívose sempre moi preto ata o 14-15 co que se chegou ao descanso.

Na segunda metade, un parcial de 0-4 lanzou ao Valladolid, que se puxo con rendas de ata 5 goles (20-25). Pero chegou entón a reacción dos de Quique Domínguez, que igualaron a 28 e a 29. 

A medio minuto da conclusión chegaba o gol de Mahmoud Abdelazize 'Gedo' que ía decidir o partido.  Co 29-30 no marcador, o equipo cangués non logrou sacar froito da última acción para empatar o partido. O lanzamento de Santi López non entrou, e os puntos marcharon cara a Valladolid. O Cangas queda con catro, na penúltima praza da Asobal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade