O Mecalia Guardés vence ao Lanzarote na Sangriña e confirma o seu bo momento (25-20)
As pechacancelas opuxeron resistencia, pero acabaron cedendo
O Guardés segue igualado co Bera Bera no máis alto da táboa
O Porriño non puido disputar o seu partido contra o Valladolid, que non puido viaxar por culpa da neve
O Mecalia Atlético Guardés segue atravesando un momento moi doce de resultados. Logo de avanzar na European Cup, e de clasificarse para a fase final da Copa, volveu gañar na Liga Guerreiras. Sumou os dous puntos na Sangriña ante o pechacancelas, o Lanzarote, que non llo puxo doado.
Ó descanso vencían as galegas por dous goles: 14-12. Ampliaron esa vantaxe nun segundo tempo no que Elena Martínez Ruíz se confirmou como a xogadora máis influente do partido con oito tantos.
Pola súa banda, o encontro do Porriño suspendeuse. O seu rival, o Valladolid, non puido desprazarse ata Galicia por mor da neve.