Cargando resultados...
O Deportivo Abanca remonta diante do Eibar (2-1) para acadar a sétima vitoria
Espe e Olaya neutralizaron o gol madrigador de Iara
Na segunda metade xa non se moveu o marcador
Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal
28/03/2026 21:53
O Deportivo Abanca sumou unha gran vitoria en Riazor. Foi contra o Eibar, con remonta na primeira metade para sumar o sétimo triunfo da temporada.
Adiantouse o Eibar ós sete minutos co gol de Iara. Pero tardou dous minutos o Deportivo Abanca en igualar. Cun golazo de Espe Pizarro. Dous goles nos primeiros dez minutos en Riazor. E a piques de chegar ó descanso, Olaya poñía por diante ó equipo herculino que con ese resultado sumaba a sétima vitoria da temporada.