Julius Johansen gaña a contra o reloxo e colócase como líder en O Gran Camiño
Iván Romeo sufriu unha picada e non puido gañar
Mañá será a segunda etapa, o pelotón desprázase desde Vilalba, na Terra Chá, ata Barreiro na Mariña
O Gran Camiño iniciou a súa quinta edición regresando a un dos elementos patrimoniais máis recoñecidos de Galicia, a Torre de Hércules, cunha CRI para quentar motores fronte ao Atlántico máis indómito.
O danés Julius Johansen foi o máis rápido cun tempo de de 17 minutos e 43 segundos. A segunda posición foi para o portugués Rafael Reis, que foi o outro ciclista que baixou dos 18 minutos.
O corredor do Movistar, Iván Romeo, partía entre os favoritos, pero unha picada a metade do percorrido provocu un cambio de bicicleta e unha perda de tempo insalvable
Mañá será a segunda etapa, o pelotón ciclista desprazarase desde a chaira interior lucense, A Terra Chá, ata a costa máis ao norte da Comunidade, A Mariña, para rematar a pé de praia.
A terceira etapa do OGC 26 unirá dúas localidades de fonda tradición ciclista, Carballo e Padrón, combinando os tres elementos que definen Galicia: interior, montaña e costa.
A etapa raíña do OGC 26 será a de Ourense, entre Xinzo e Xunqueira de Espadanedo, protagonizada pola montaña e pola loita épica entre os corredores, cun final inédito no ciclismo profesional.
A última etapa percorrerá a provincia deportiva por excelencia, Pontevedra, e terá un final épico en alto, fronte ao Atlántico e mirando a Portugal: o Monte Trega.
Ao longo das súas cinco etapas, a carreira servirá como escaparate do patrimonio natural, cultural e paisaxístico de Galicia, desde o interior ata a costa.