Publicador de contidos

Publicador de contidos

Derrotas de Uni Ferrol e Ensino na liga feminina de baloncesto

Derrotas de Uni Ferrol e Ensino na liga feminina de baloncesto

As lucenses caeron en Catalunya na pista do Cadi nun partido que se decidiu no último cuarto

O Uni deu a cara en Valencia pero perdeu ante o Campión da Copa da Raíña

@valenciabasket @valenciabasket
G24.gal 08/04/2026 21:51

Mala xornada intersemanal para os equipos galegos da liga feminina de baloncesto. Tanto Ensino coma Uni Ferrol caeron nos seus partidos xogados a domicilio, as lucenses na Seu de Urgell e as departamentais en Valencia.

O Ensino seguiu coa súa mala xeira de resultados a domicilio. Soamente gañou un partido esta temporada fóra do Pazo dos Deportes de Lugo. Enfronte tiñan un rival moi necesitado, adestradas polo compostelán Pepe Vázquez, e que se levaron unha vitoria importantísima na loita pola permanenza na categoría. Tras tres cuartos igualados o choque decidiriase no treito final onde a base local Regina Aguilar , con dezanove puntos na segunda metade, sería decisiva. A mellor xogadora lucense foi Jessica Fequiere autora de 14 puntos.

Namentras o Uni Ferrol tiña un óso duro de roer, como é Valencia Basket, inmerso ademáis o equipo laranxa nunha dinámica positiva tras facerse coa Copa da Raíña hai apenas quince días. As de Lino López mantiveron o tipo ata os minutos finais onde as de Rubén Burgos racharon o marcador rematando o choque cunha vantaxe de once puntos, 85-74. Sotolova e Claire Melia, con doce puntos cada unha, foron as mellores anotadoras das galegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade