Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino ficha á internacional ucraína Tetiana Yurkevichus

O Ensino ficha á internacional ucraína Tetiana Yurkevichus

Chega ao equipo dirixido por Suso Garrido para achegar "calidade" e "físico" ao xogo interior

Foto Ensino Lugo Foto Ensino Lugo
G24.gal 07/09/2026 14:48 Última actualización 07/09/2026 14:51

O Durán Maquinaria Ensino anunciou este luns a fichaxe da pivote internacional ucraína Tetiana Yurkevichus, quen firma por unha tempada co club galego. A xogadora, con experiencia na Eurocup feminina, chega ao equipo dirixido por Suso Garrido para achegar "calidade" e "físico" ao xogo interior, destacou a entidade lucense no seu comunicado de prensa.

O plantel desta tempada, na que o Ensino volverá competir na máxima categoría do baloncesto español feminino, complétana: Mama Dembele, Kristin Williams, Nhug Bosch, Andrea Vilaró, Zoe Hernández, Matilda Ekh, Priscilla Williams, Lauren Ebo, Hennie Van Schaik e Elba Garfella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade