Publicador de contidos

Publicador de contidos

Patxi Salinas cre no Celta: "Precisa do apio da afección. Vou ir cun bocadillo para animar desde o quecemento"

Patxi Salinas cre no Celta: "Precisa do apio da afección. Vou ir cun bocadillo para animar desde o quecemento"

O celtismo reármase lembrando as mellores noites europeas do equipo

O Celta xa anunciou que en Balaídos ruxirá o cárnix de Abraham Cupeiro para infundir ánimos e valor a todos os afeccionados

G24.gal 14/04/2026 12:26 Última actualización 14/04/2026 12:38

A goleada á Juventus en Balaídos, cun histórico 4-0, os sete goles que encaixou o Benfica ou as remontadas ante o Estrella Vermella, levantando dous goles de Drulic para vencer 5-2, ou ao Aston Villa son algúns dos resultados que apareceron na Bancada de Animación.

Non importaba xa que o equipo caese 0-3 uns instantes antes ante o Oviedo. O celtismo, como os xogadores, xa querían pasar páxina para empezar a imaxinar unha remonta histórica.

"O que non crea, que non veña o xoves en Balaídos", resolveu Claudio Giráldez tras o desastre fronte ao Oviedo.

Un histórico como Patxi Salinas si que cre e vai animar desde o quecemento.

"O equipo arestora precisa do apio da afección. Vou ir cun bocadillo para animar desde o quecemento".

O Celta xa anunciou que en Balaídos ruxirá o cárnix de Abraham Cupeiro para infundir ánimos e valor a todos os afeccionados e xogadores que loitarán por lograr alcanzar as semifinais da Europa League noutra noite histórica para o centenario club vigués.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos