Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fredi mantén a incerteza sobre a súa continuidade no Celta Fortuna

Fredi mantén a incerteza sobre a súa continuidade no Celta Fortuna

Fredi: "Imos descansar e ver que acontece nos próximos días"

O presidente da Xunta recibiu os integrantes do corpo técnico, deportivo e directiva do Celta Fortuna, flamante novo equipo da 2ª División

G24.gal 22/06/2026 14:02 Última actualización 22/06/2026 14:10

O Celta Fortuna segue celebrando o ascenso histórico a 2ª División. Algo inédito no fútbol galego. Un filial xogando no fútbol profesional. A última parada do Fortuna foi esta mañá no Pazo de Raxoi, en Santiago. Alí a expedición celeste, coa presidenta Marián Mouriño ao mando, foi recibida polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Agora toca planificar a próxima temporada e comezando polo banquiño. Fredi aínda non ten claro se será o adestrador do Fortuna.

Fredi: "Imos descansar e ver que acontece nos próximos días. Sempre son optimista".

Marián Mouriño: "Conseguiu algo histórico e sería moi, moi bonito. Queremos que siga".

Rueda sinalou que o éxito da Celta Fortuna é froito do esforzo realizado polos xogadores, o corpo técnico e a directiva ao longo de toda a tempada.

Un equipo marcado polo seu talento e pola “gran aposta pola canteira”, que “se aprecia tanto no primeiro equipo como neste Celta Fortuna”.

O presidente tamén resaltou o gran momento que vive o fútbol galego, así como o deporte en xeral na comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade