Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aleix Febas soña coa Europa League e a Copa do Rei

Aleix Febas soña coa Europa League e a Copa do Rei

O centrocampista catalán cre que aínda ten marxe de mellora malia os seus 30 anos

Foto Celta
G24.gal 02/06/2026 14:13 Última actualización 02/06/2026 14:18

O centrocampista Aleix Febas, primeira fichaxe do Celta para a tempada 2026-27, encara moi ilusionado a súa nova etapa no equipo galego, co que espera “seguir crecendo” tras brillar nesta última tempada coa camiseta do Elxe.

“Teño ganas de demostrar que non só é cousa dun adestrador ou dun equipo e que podo seguir sendo o mesmo. Custoume chegar a Primeira, pero quero seguir progresando, quero seguir crecendo. Síntome ben tanto fisicamente como mentalmente e creo que teño marxe de mellora”, apuntou.

Febas espera vivir un gran ano en Balaídos, pero avisou de que o “primeiro obxectivo” debe ser a permanencia na Liga porque a esixencia cada vez é maior na máxima categoría.

“Facer unha boa liga é o principal, este ano xa habemos visto que está moi dura e igualada. Ese é o primeiro obxectivo. A partir de aí, se podemos soñar con cousas grandes como facer unha boa Europa League ou unha boa Copa, pois moito mellor. Pero imos aos poucos”, subliñou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade