"Agora e sempre": Iago Aspas protagoniza a campaña de abonados do Celta
Os prezos experimentan unha actualización do 3 %, mantendo a estrutura e os descontos por categorías realizados en campañas anteriores
"Agora e sempre" é o lema da campaña de abonados do Celta para esta temporada na que usa a figura emblemática de Iago Aspas como gancho na campaña do seu "derradeiro baile" nos terreos de xogo.
Os prezos dos abonos experimentan unha actualizción dun 3 %, mantendo a estrutura e os descontos por categorías implantados en anteriores campionatos. Un dos posibles suplementos, ao igual que aconteceu a campaña anterior, é o utilizado para ver os catro partidos que xogue o Celta como local na Europa League.
Os abonados que xa o tiveran contratado o ano anterior renovarano de xeito automático e non haberá pagos a maiores a medida que o club vaia superando roldas.
Será unha tempada tamén especial pola recuperación paulatina da bancada de Gol. Nas primeiras xornadas xa estarán habilitadas cadeiras nas primeiras filas e a medida que se vaian rematando treitos poderan ubicarse os socios nese novo espazo. Unha das incógnitas que ten a campaña de abonados é saber a categoría na que vai xogar o Celta Fortuna que, no caso de subir á Segunda División, faría que mudasen as condicións para os socios.