Publicador de contidos

Publicador de contidos

O empate entre Uruguai e Cabo Verde deixa a España líder de grupo

O empate entre Uruguai e Cabo Verde deixa a España líder de grupo

O conxunto de Luis de la Fuente goleou a Arabia Saudita (4-0) e mantense como líder de grupo en solitario con 4 puntos 

G24.gal 22/06/2026 08:50 Última actualización 22/06/2026 10:09

Cabo Verde continúa facendo historia neste Mundial. A pasada madrugada logrou un empate ante Uruguai (2-2), un resultado que mantén o soño africano de avanzar á seguinte fase. O encontro foi de alternativas: Cabo Verde adiantouse cun magnífico gol de falta, pero Uruguai reaccionou e deu a volta ao marcador antes do descanso, Xa na segunda metade, un grave erro de Muslera permitiu o 2-2 definitivo. 

A clasificación do grupo chega o seu punto final. España lidera con 4 puntos, seguida de Uruguai e Cabo Verde, ambos con 2, e Arabia Saudita pecha a táboa con 1 punto. Na derradeira xornada, España medirase a Uruguai, mentres que Cabo Verde buscará o pase ante Arabia Saudita. 

España, con 4 puntos, xa ten asegurado o billete á seguinte fase, pero hai diferentes escenarios. As contas son as seguintes: 

-Se España gaña, será primeira de grupo. 

-Se empata, só perdería o líderado se Cabo Verde vence a Arabia Saudita por catro goles ou máis. 

-Se perde, Uruguai será primeira de grupo. España quedaría segunda, salvo que Cabo Verde gañe, caso en que os africanos superarían os charrúas e España mantería a súa clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade