Aleix Febas, talento e criterio entre liñas para o Celta
Aos 30 anos chega desde o Elx a Balaídos nun dos mellores momentos da súa carreira
Coincide con Álvaro Núñez que chegou a Vigo en febreiro e tamén procedente do conxunto ilicitano
Aleix Febas (Lleida, 1996) é un centrocampista de perfil técnico, con gran capacidade para organizar o xogo, asociarse entre liñas e darlle continuidade á posesión. Formado na canteira do Real Madrid Castilla, onde coincidiu con técnicos como Zinedine Zidane e Santiago Solari, foi considerado durante anos unha das promesas máis interesantes do fútbol español.
Tras o seu paso por Zaragoza, Albacete, Mallorca e Málaga, Febas atopou no Elx o escenario ideal para amosar a súa mellor versión. Converteuse nunha peza fundamental do equipo ilicitano, destacando pola súa visión de xogo, precisión no pase e capacidade para atraer presión e superar liñas rivais.
Aos 30 anos chega a Balaídos nun dos mellores momentos da súa carreira, despois de ser un dos futbolistas máis influentes do Elche e unha petición expresa dun modelo de xogo que encaixa á perfección co estilo asociativo e dinámico que busca Claudio Giráldez