Publicador de contidos

Publicador de contidos

Garcés recoñece que Ilaix e Williot son as figuras máis solicitadas neste mercado

Garcés recoñece que Ilaix e Williot son as figuras máis solicitadas neste mercado

Tamén segue sendo optimista en canto á renovación de Marcos Alonso

G24.gal 02/06/2026 15:27 Última actualización 02/06/2026 15:34

O director de fútbol do Celta, Marco Garcés, respondía brevemente este martes, na presentación de Aleix Febas, algunhas cuestións sobre o desenvolvemento do mercado.

O mexicano admite que os xogadores polos que "máis sondaxes" recibiron son Williot Swedberg e Ilaix Moriba, as "figuras máis imantadas", aínda que asegura que non existen, polo momento, ofertas por eles nin por outros. Pero tendo en conta ese interese, deixa claro que "é difícil responder" sobre o número de xogadores que incorporarán, pois depende en gran medida das saídas que se poidan producir, aínda que non haxa por agora achegamentos oficiais".

Afirma con rotundidade, iso si, que "a intención é conservar o bloque" do mesmo xeito que a tempada pasada. Incide en que resulta complicado falar tanto de cifra de chegadas como de saídas, estreitamente vinculadas.

Ademais, segue sendo optimista en canto á renovación de Marcos Alonso, aínda que o central madrileño aínda non respondeu á oferta de renovación.

"Seguimos no mesmo, esperando a Marcos, está a consideralo e mantéñome optimista, como ao longo de todo o ano. O seu rendemento merece que o esperemos"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade