Cargando resultados...
O Cangas non pode co Barça no Gatañal (22-35) e segue de antepenúltimo
O partido contra o líder fuxiu no primeiro cuarto de hora, e os galegos xa non puideron reaccionar
G24.gal
01/03/2026 23:00
Na liga Asobal, derrota do Cangas no Gatañal ante o líder, un Barcelona que xa marcara distancias tras quince minutos de xogo. O equipo galego quedou atascado en ataque namentres o Barcelona se despegaba no marcador para chegar ó descanso dez arriba: 8-18.
Unha diferenza que se mantivo no segundo tempo ata o 22-35 final. Marcell Csaba Ludman levou o peso da anotación para o cadro cangués, con 6 tantos. No Barça, Ian Barrufet meteu 7. O Cangas segue con 11 puntos, na zona perigosa da clasificación