Cargando resultados...
O Cangas perde na pista do Logroño, segundo clasificado (33-26)
Malia á derrota, os cangueses mantéñense fóra dos postos de play out e descenso
G24.gal
29/03/2026 11:20
Perdeu o Cangas en Logroño nun partido no que nunca tivo opción. Foi sempre por debaixo no marcador e no descanso o Logroño, moi superior, sacáballe sete goles de vantaxe.
A diferenza naceu no treito final da primeira metade e que xa se mantivo todo o segundo tempo ata o 33-26 final. Manu Pérez encabezou a anotación canguesa con sete tantos, que non serviron para impedir a derrota.
O Cangas ten un punto de marxe sobre o posto de play out, e dous puntos sobre o descenso.