Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas vence ao Cuenca (28-24) e da un paso decisivo cara á salvación

O Cangas vence ao Cuenca (28-24) e da un paso decisivo cara á salvación

É a segunda vitoria consecutiva dos galegos, que lles permite fuxir a catro puntos do descenso

G24.gal 25/04/2026 23:15

Paso moi importante do Cangas Frigoríficos do Morrazo para acadar a permanencia. Logrou a novena vitoria da temporada ante un rival directo, o Balonmán Cuenca.

Foi o terceiro triunfo seguido do equipo galego no Gatañal, cando estaba sendo o peor local da liga. O Cangas chegou a mandar por oito goles de diferenza pero perdeu forza no segundo tempo para acabar catro arriba: 28-24. Samuel Pereiro comandou a anotación con seis tantos, axudado polos 5 que achegou Arnau Fernández.

O Cangas colócase con este triunfo, o segundo consecutivo, con 19 puntos, catro por riba dos postos perigosos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade