Publicador de contidos

Publicador de contidos

Granollers segue a ser un imposible para o Cangas (33-25)

Granollers segue a ser un imposible para o Cangas (33-25)

Os de Quique Domínguez só aguantaron no inicio

O Granollers dominou e levouno con claridade

Gallardo foi o máximo goleados dos galegos con cinco tantos

O vindeiro domingo o Bidasoa visita o Gatañal

G24.gal 02/05/2026 11:22 Última actualización 02/05/2026 12:04

Non hai maneira. Granollers segue a ser un imposible para o Cangas, 14 derrotas en 14 visitas. A desta xornada arrancou con igualdade, pero rápido os locais abriron brecha gracias as perdas galegas e as paradas do seu porteiro. 18-13 ao descanso.

Na segunda metade o Granollers mantivo o guión e a renda alcanzou os oito goles  (23-15, minuto 35). Pero aí o técnico galego pediu un tempo que lle deu vida Cao angas. Porque, logo dese tempo de Quique, o equipo reaccionou, sempre apoiado nas intervencións do porteiro Panjan.

Pero o máis que deu foi para achegarse a catro (26-22). Aí o Granollers volveu apertar e acabou por levar o choque con comodidade, 33 a 25.

Gallardo acabou con cinco goles, Pereiro e Arnau con catro.

A permanencia do Cangas terá que esperar un pouquiño máis. O vindeiro domingo o Bidasoa visita o Gatañal.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade