Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marta González fai historia ao revalidar o título mundial universitario de squash

Marta González fai historia ao revalidar o título mundial universitario de squash

Derrotou na final á chinesa Heylie Fung por 3-0 (11-3, 11-7 e 11-7)

Alcanzou o posto 43 na clasificación mundial de xogadoras de squash 

Imaxe da Real Federación Española de Squash
G24.gal 07/08/2026 12:14 Última actualización 07/08/2026 13:21

A viguesa Marta Domínguez volveu facer historia ao converterse na primeira xogadora do mundo capaz de revalidar o título do Campionato do Mundo Universitario de squash. 

A actual campioa absoluta de España impúxose con autoridade na final disputada en Bombai á chinesa Heylie Fung, á que derrotou por un contundente 3-0 (11-3, 11-7 e 11-7).

A xogadora situada no posto 43 do ranking mundial expresaba a súa emoción

"Si, moi contenta de onte gañar este Campionato do Mundo Universitario. Para min, sempre digo que é unha recompensa ao traballo feito de compaxionar as dúas cousas, os estudos e a carreira deportiva. Sabe a gloria este éxito, xa que as semifinais foron complicadas, foron duras".

"Sabe a gloria este éxito, xa que as semifinais foron complicadas, foron duras. Moitas emocións, super contenta destes días aquí na India, desta experiencia, de haber conquistado outra vez máis o título de campioa do mundo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade