Cargando resultados...
A viguesa Marta Domínguez queda ás portas da medalla no Europeo de squash
Perdeu na loita polo terceiro e cuarto posto diante da francesa Melissa Alves
G24.gal
23/08/2025 15:07
A viguesa Marta Domínguez quedou ás portas de gañar a medalla de bronce no Europeo de squash. Perdeu na loita polo terceiro e cuarto posto diante da francesa Melissa Alves en catro sets (11-4, 6-11, 6-11, 8-11).
Comezou imparable o partido pero, ao igual que lle pasara nas semifinais, non puido manter o nivel no resto do partido. Alves gañoulle a partida a Domínguez e acabou festexando na súa casa -disputouse na localidade francesa de Chartres- a consecución do bronce.