Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dépor Abanca golea o Spórting e suma a primeira vitoria da pretemporada (9-0)

O Dépor Abanca golea o Spórting e suma a primeira vitoria da pretemporada (9-0)

Hat-trick de Millene para coroar a primeira vitoria da pretemporada

Os equipos asturianos seguen sen gañar en Ribadeo

G24.gal 07/08/2026 21:00

Ante un rival dunha categoría inferior como o Spórting de Xixón, pero hoxe o Dépor Abanca gañou e convenceu. Goleada por un 9-0 ante as xixonesas na sexta edición do Emma Cuervo feminino. 

Logo dunha primeira metade a ceros, os goles chegaron nos segundos 45 minutos de diversas botas: Lucia Rivas abriu a conta no 47. Marcaron tamén Lucía Pardo, Espe Pizarro, Redru, Paula, Claudia (en propia porta) e Millene Cabral ata en tres ocasións, ante o equipo co que debutara en España. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade